Thursday 28 de March de 2024

A Coruña contará con dobre oferta teatral esta fin de semana, con “Todas las canciones de amor” e “Ragazzo”


“Todas las canciones de amor”, con Eduard Fernández, terá dobre función no Rosalía o venres e o sábado dentro do Ciclo Principal de Primavera

O Fórum Metropolitano continúa o venres co ciclo Sen Numerar, coa obra “Ragazzo”, con

A oferta teatral de Concello para esta fin de semana inclúe dúas obras de referencia a nivel nacional e galego, coa presenza dun actor consagrado, caso de Eduard Fernández con “Todas las canciones de amor”, e dun novo actor, Anxo Outomouro, proposto como mellor protagonista aos premios María Casares.

A Coruña reforza a súa posición como referente en Galicia na oferta teatral con dúas obras en cartel esta fin de semana. A fin de semana pasada tamén houbo dúas funcións, coas obras de Caramuxo no Colón e ‘Tercer Cuerpo’, de Claudio Tolcachir, no Rosalía.

A programación do Rosalía de Castro compleméntase ademais coa oferta desenvolta desde o Teatro Colón e os ciclos Sen Numerar, orientado ao público xuvenil e adulto pero con espectáculos de pequeno e mediano formato, e Todo Público, dirixido a un público máis familiar e infantil, que teñen o Fórum Metropolitano como referencia.

O venres e o sábado, regresa o ciclo Principal de Primavera do Teatro Rosalía de Castro. Nesta ocasión, será “Todas las canciones de amor”, baixo a dirección de Andrés Lima, e coa presenza de Eduard Fernández como único intérprete. Ambas as representacións serán ás 20.30 horas.

Trátase dunha viaxe emocional entre o drama e a comedia, entre a vida e a morte, entre o amor e o esquecemento. É unha homenaxe a unha muller, a unha nai que dedicou a súa vida a coidar as demais persoas, no que representa unha reflexión emocional sobre unha muller ao final dun camiño, un camiño extraordinario, belo e terrible coma a vida.